viernes. 17.05.2024

Unha visita a Idanha-A-Velha

A cidai dos egitanus estaba ben comunicá con Salvaleón, ondi algúns sitúan a Oppidum Lancea. Dende logu quea demostrau que Salvaleón foi un castro vetón ia antis da chegá dos romanus. Esa vía de comunicación partiría de Salvaleón polo Vale Feitoso, pasaría unha dobre serra por Penha Garcia i baixaría suavementi seguindu o cursu do ríu Ponzul hasta Idanha. Son apenas vinti quilómetrus, meia xorná de camiñu entre as dúas cidais, i o trazau por ondi debeu discurrel esa vía tenrá que estal hoxi "ocupau" por un camiñu ó -en tramus- por unha carreteira

Conjunto arquitectónico y arqueológico de Idanha a Velha
Conjunto arquitectónico y arqueológico de Idanha a Velha

Mutus amigus meis han oivíu falal algunha vé de Monsanto, a aldea máis curiosa de Portugal, famosa pola súa arquitectura integrá (mellol ditu: incrustá) entre barrocus i canchais, i que se conserva mui ben, tantu o lugal como o castelu, motivu polo que ten unha frolecente actividai turística i económica. Pero mui poicus dos meis han oivío falal ó han diu a unha vila preñá de historia que se encontra a escasa distancia do Val do Ellas i que guarda un conxuntu arquitectónicu i arqueolóxicu dunha importancia excepcional: Idanha-a-Velha, hasta agó mui poicu aproveitá pó turismu de calidai i turismu cultural e históricu (por exemplu: na propia Idanha non hai hoteis i só un restauranti).

Hai quen afirma que Ægitania, o Oppidum Ægitaniorum, foi fundá por Augusto no séculu I a.C., pero o certu é que máis ben foi refundá, pois ultimamenti se venin encontrandu construcións, cerámica i oitrus restus dun castru lusitanu na fronteira cos vetóns que con toa seguridai levaba alí instalau varius centus de anus antis da chegá dos romanus.

Esta (re)fundación romana tuvu a súa importancia por estal situá nunha vía de comunicación entre a grandes cidais de Mérida (Emérita Augusta, capital da Lusitania) i Conimbriga (cerca da actual Coímbra). De feitu os egitaniensis contribuíron a sufragar as obras da ponti de Alcántara porque les facilitaba mutu a vía.

Son numerosus os restus romanus que aínda se encontran en Idanha. Hai unha inmensa colección de lápidas inscritas, de aras votivas dedicás etc., que se encontran mui ben estudiás i conservás. Son centus i agó en Idanha tenin un bo museu, con información accesibli i publicacións mui interesantis pa nunca deixal de aprendel.

A cidai dos egitanus estaba ben comunicá con Salvaleón, ondi algúns sitúan a Oppidum Lancea. Dende logu quea demostrau que Salvaleón foi un castro vetón ia antis da chegá dos romanus. Esa vía de comunicación partiría de Salvaleón polo Vale Feitoso, pasaría unha dobre serra por Penha Garcia i baixaría suavementi seguindu o cursu do ríu Ponzul hasta Idanha. Son apenas vinti quilómetrus, meia xorná de camiñu entre as dúas cidais, i o trazau por ondi debeu discurrel esa vía tenrá que estal hoxi "ocupau" por un camiñu ó -en tramus- por unha carreteira. Mutu me gustaría ficel este camiñu, o mesmu que ficeron tantas persoas durante centus de anus i que hoxi permaneci olvidau.

Aproveitu estas liñas pa emprazal ao mei amigu valverdeiru Franjo Antúnez Navais, expertu sendeirista, pa que volva trazal i sinalal esta ruta, desde o castru de Salvaleón hasta a cidai de Idanha por Penha García. A dificultai do trazau debe ser mínima porque se transita tó o tempu por cotas de 350-400 m. Sería a ruta das oppida que un día estuveran unías: Lancea e Ægitania, i as dúas con mutísimas coisas que ofrecel.

Porque Idanha non sólu tuvu a súa importancia na época romana. Quean restus de templus romanus (algún reutilizau despois comu torri polos templarius), quean numerosísimus sillares i columnas romanas que foran empregás anus máis tardi pa reconstruíl a muralla, quea unha basílicia paleocristián que logu foi convertía en mezquita (i que duranti algúns centus de anus tuvu un usu mixtu: islámicu i cristián), unha porta da murarlla ben reconstruía, a muralla cuasi completa etc., etc.

Cuandu se fundó o reinu suevu da Gallaecia con capital en Brácara (hoxi Braga, en Portugal), o primeiru reinu seidu das ruínas do imperiu romanu, os suevus acabaran extendénduse cara ao sul, i de feito chegorin a conquistal Mérida. Egitania, Idanha, foi a capital do sei distritu suroccidental i desta época (séculus V-VII) debi sel a primitiva basílica de tres navis hoxi ben conservá.

Duranti a administración árabe da península, Idanha debeu acollel algunha poboación islámica (posiblementi nativus convertíus ao islam), por isu a antiga basílica -que ia antis había síu templu romanu i despois igrexa cristián sueva ó visigótica-, tuvu tamén un usu relixiosu pós mahometanus, como o demostra a presencia do mihrab.
Foi primeiru incorporá ao reinu de León i Galicia pa logu sel definitivamenti incorporá a Portugal por Sancho I, aquel rei autol da cantiga galegu-portuguesa medieval máis antiga que se conserva, a chamá "Cantiga da Guarda" en honra da súa concubina "A Ribeiriña". O bo amigu e historiadol Domingo Domené tenrá que dicelmus se este rei foi máis prolíficu ó non que o nosu Afonso IX, pois esti Sancho I portugués, amanti das letras i das artis, entri lexítimus i recoñocíus tiña máis de vinti fillus. Con esta concubina, María Pais Ribeira, "A Ribeirinha", tuvu seis fillus. Non creu que fosi por este podel de fecundidai polo que este rei pasó á historia co sobrenomi de "O povoador", non, foi por dal forus a numerosas vilas que diba incorporandu ao sei reinu, por otorgal "cartas pobras".

Hai muta historia entri os murus de Idanha, ben romanizá e importanti vila medieval, como hai tamén muta historia entri os murus de Salvaleón, menus romanizá i mutu máis abandoná. En tó casu, aproveitandu que a Serra de Gata quea tan cerquiña, invitu a impregnalse de historia en Idanha i le pidu a Franjo Antúnez que recuperi i sinalici o antigu trazau da vía entre Salvaleón e Idanha, porque ficel sendeirismu por esa ruta ten que sel preciosu.

Unha visita a Idanha-A-Velha